Drop Down MenusCSS Drop Down MenuPure CSS Dropdown Menu

jueves, 19 de enero de 2017

Determinación das medidas de prevención de riscos laborais

A continuación mostraremos unha lista con todas as medidas de prevención no noso ámbito de traballo:
  • Correcta postura no traballo. Realizaremos un traballo casi na súa totalidade sentados e, parte dese traballo mirando a unha pantalla, polo tanto teremos que adoptar medidas na postura mentres estemos realizando as nosas tarefas.


  • Apartar as fontes eléctricas das fontes de auga.
  • Deixar libres as zonas de paso dos traballadores. É dicir, non colocar elementos que poidan provocar caidas nos pasillos da zona de traballo.
  • Non ter o chan resbaladizo.
  • Canalizar os cables con regletas. Ésto aplícase a equipos permanentes ou cables de rede. Os equipos que teremos para montar ou reparar non entrarían nesta categoría.
  • Manter a zona de traballo ordenada e limpa.
  • Correcta manipulación de cargas.
  • Anclar á parede estanterías e arquivadores. Os arquivadores deberán levar un sistema de caixóns no que só sexa posible abrir un deles.
  • Manter en bo estado as ferramentas, que teñan certificación CE e usalas de acordo ás súas funcións.
  • Ter unha instalación eléctrica reglamentaria, con proteccións magnetotérmicas, diferenciais e toma de terra.
  • Evitar a sobrecarga dos enchufes con ladróns/regletas.
  • Utilizar tensións de seguridade para os elementos portátiles.
  • Realizar un mantemento periódico das instalacións por un instalador autorizado.
  • Non utilizar aparatos eléctricos coas mans húmedas baixo ningún concepto.
  • Separar o cableado de fontes de calor. Estas fontes poden derretir a protección plastica dos cables e deixar o conductor ao aire, o cal pode provocar electrocucións.
  • Os cadros eléctricos deben permanecer pechados cunha tapa e sinalizando o perigo eléctrico.
  • Instalación de sisteas de detección e alarma de incendios e extintores contra lume adecuados.
 
  •  Sinalizar e deixar libres as saídas de emerxencia.
  • Realizar plans de emerxencia e implantalos.
  • Graduarase o brillo e o contraste mediante os mandos da pantalla.
  • As fontes de iluminación determinan a posición das pantallas, xa que se colocarán de forma paralela ás luces.
  • Regularanse os timbres dos teléfonos.
  • O ruido ambiental non debe superar os 50 db (A).
  • A temperatura dos locáis estará entre 17 e 27ºC. De ser necesario instalaranse sistemas de aire acondicionado para manter a temperatura dentro destes valores.
  • A humidade relativa manterase entre o 30 e o 70%.
  • O traballador posuirá a máxima información sobre a totalidade do proceso no que participa.
  • Distrución clara das tareas e competencias.
  • Planificar os diferentes traballos da xornada. tendo en conta unha parte para improvistos.
  • Realizar pausas ou alternancias de tarefas para evitar a monotonía do traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario