Drop Down MenusCSS Drop Down MenuPure CSS Dropdown Menu

miércoles, 18 de enero de 2017

Equipos de Protección Individual (EPIs)

Enténdese por equipo de protección individual (EPI) a calquera equipo destinado a ser levado ou suxeitado polo traballador ou traballadora para que o protexa de un ou varios riscos, que poidan ameazar a sua seguridade ou a saude no traballo, ou calquera complemento ou accesorio destinado a tal fin.

O Real Decreto 773/1997, do 30 de maio, exclue os seguintes tipos:

 a) A roupa de traballo e uniformes que non estén específicamente destinados a protexer a seguridade      ou a saude.
 b) Os servizos de socorro e salvamento
 c) O material de autodefensa ou disuasión.
 d) Os aparellos portátiles para a detección e señalización de riscos e dos factores de molestia.

Os EPI deben utilizarse cando os riscos non se poidan evitar, ou non poidan limitarse por medios técnicos de protección colectiva, ou por procedementos de traballo.

OBLIGACIÓN DOS EMPRESARIOS

1- Un equipo debe adecuarse as disposición comunitarias sobre deseño e construcción en materia de seguridade.

2- En caso de riscos múltiples que requeren levar simultaneamente varios equipos de protección, ditos EPIs teñen que ser compatibles, e manter a sua eficacia.

3- As condicións nas que un EPI deba utilizarse, determinaraa a gravedade do risco.

4- Os EPI en principio estarán destinados a un uso persoal.


EXEMPLOS

Protección de cabeza e para oidos
Protección para o sistema respiratorio
Protección para o tronco: Chalecos, arneses, chalecos antibalas, reflectantes
Protección para pernas: Pantalons, perneiras...
TamÉn poden ser equipos completos como por exemplo o traxe dun astronauta





No hay comentarios:

Publicar un comentario