Xestión dos residuos sólidos urbano
Se considera xestión dos residuos sólidos urbanos ao conxunto de operacións que se realizan con eles desde que se xeran nos fogares e servicios ata a última fase no seu tratamento. Abarca 3 etapas:- Recollida.
- Transporte.
- Tratamento.
Recollida
A recollida dos residuos urbanos consiste na súa recolección para efectuar o seu traslado ás plantas de tratamento. Existen dous tipos fundamentales de recollida:- Recollida non selectiva: os residuos deposítanse mezclados nos contenedores, sen ningún tipo de separación.
- Recollida selectiva: faise separando os residuos segundo a súa clase e depositándoos nos contenedores correspondentes.
- Contenedor verde para o vidro.
- Contenedor azul para papel e cartón.
- Contenedor amarelo para envases.
- Contenedor gris ou marrón para residuos orgánicos.
- Recollida por medio de vehículos: realízase por medio de vehículos especialmente preparados. Camións dotados dunha tolva que compacta os residuos ou outros nos que se depositan sin compactar. Utilízanse uns ou outros segundo o tipo de residuo.
- Recollida neumática: mediante un sistema de conduccións neumáticas subterráneas condúcese a basura ata as estacións de transferencia onde se procede ao seu traslado á planta de tratamento.
Transporte
Nesta etapa realízase o transporte dos residuos ás estacións de transferencia, plantas de clasificación, reciclado, valorización enerxética ou vertedoiro.As estacións de transferencia son instalacións nas cales se descargan e almacenan temporalmente os residuos para poder posteriormente transportalos a outro lugar para o seu almacenamento. Unha vez alí compáctanse e almacénanse, e se procede ao seu transporte en vehículos de maior capacidade á planta de tratamento.
Noutras ocasións no que o centro de tratamento está próximo aos núcleos habitados, os propios vehículos de recollida son os que realizan o transporte á planta.
Tratamento
É a etapa final do proceso e a de maior importancia. Se os residuos veñen xa separados desde a orixe, como é o caso do papel e o vidro, diríxense directamente á planta de reciclado. Se veñen xuntos, coma no caso dos envases, hay que separar segundo a súa natureza.O proceso de señección realízase mediante diversos sistemas:
- Metales férricos: por medio de campos magnéticos.
- Metales no férricos: triaxe manual e por correntes de Foucault.
- Papel e cartón: triaxe manual.
- Plásticos duros: triaxe manual.
- Plástico film: mediante sistemas neumáticos.
- Vidro de cor: triaxe manual.
- Vidro branco. triaxe manual.
- Materia orgánica: sobrante dos procesos anteriores.
Unha vez separados os residuos hai que realizar o seu tratamento, que pode consistir nunha destas opcións, dependendo da súa natureza, estado dos residuos, etc. e do modelo de xestión implantado:
- Reciclado.
- Valorización enerxética.
- Vertido controlado.
Xestión de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos
Os aparatos eléctricos ou electrónicos son aqueles que necesitan para funcionar cunha tensión nominal non superior a 1000V en corrente alterna e 1500V en corrente contínua, e os aparatos necesarios para xerar, transmitir e medir tales correntes e campos. Cando os aparatos eléctricos e electrónicos xa non son útiles para o consumidor e desexa desfacerse deles, é necesaria a súa boa xestión para diminuír o volume de residuos, fomentar a reutilización dos equipos, a reciclaxe e a valorización. Os residuos dos aparatos eléctricos e electrónicos están suxeitos á recollida selectiva, como se indica na imaxe do cubo de basura tachado que aparece impresa nos novos equipos. Os residuos deben tratarse conforme a unhas pautas, seguido esta orde:- Reutilización/reparación dos aparatos.
- Reciclaxe dis materiais para a súa posterior reutilización.
- Valorización enerxética dos residuos.
- Eliminación.
Categorías dos aparatos eléctricos e electrónicos
- Grandes electrodomésticos: frigoríficos, lavadoras, lavalouzas, cociñas, estufas, placas de calor, fornos de microondas, radiadores, aparatos de aire acondicionado e outros grandes aparatos para a refrigeración, para calentar habitacións, para cociñar ou de aireación e ventilación.
- Pequenos electrodomésticos: pranchas, fritidoras, tostadoras, coitelos eléctricos, molinillos, pequenos aparatos para coser ou outro uso textil, balanzas, reloxos, máquinas de afeitar e demais electrodomésticos pequenos.
- Equipos de informática e telecomunicacións: ordenadores, impresoras, copiadoras, máquinas de escribir eléctricas ou electrónicas, claculadoras de mesa ou de bolsillo, teléfonos de todo tipo, terminales de faxes e outros produtos de transmisión de sonido, imaxes ou outra información por telecomunicación.
- Aparatos electrónicos de consumo: radios, televisións, cadeas de alta fidelidade, amplificadores, instrumentos musicais, vídeos, videocámaras e outros aparatos que rexistren ou reproduzan son ou imaxe, incluidas sinais e tecnoloxias de distribución da son e imaxe distinta da telecomunicación.
- Aparatos de alumado: lámpadas de todo tipo, luminarias para lámpadas fluorescentes (excluídas as de fogares particulares) e outros aparatos de alumado que difunden a luz, a excepción das lámpadas de filamento.
- Ferramentas eléctricas ou electrónicas: (excepto as industriais fixas permanentemente de gran envergadura, instaladas por profesionais) taladradoras, serras, máquinas de coser, ferramentas para moltuar, tornear, taladrar, perforar, remachar, clavar, soldar, rociar, para cortar o céspede e, en xeral, todas as de tipo eléctrico ou electrónico excepto as industriais mencionadas ao principio do parágrafo.
- Xoguetes ou equipos deportivos e de tempo libre: consolas portátiles, videoxogos, ordenadores para realizar deportes, máquinas tragaperras, trens eléctricos e outros xogos ou equipos deportivos con componentes eléctricos ou electrónicos.
- Aparatos médicos: (excepto todos os produtos implantados e infectados) aparatos de radioterapia, cardioloxía, diálisis, medicina nuclear, ventiladores pulmonares, analizadores, aparatos de laboratorio e outros aparatos eléctricos ou electrónicos para detectar, previr, supervisar, tratar ou aliviar enfermidades, lesións ou discapacidades.
- Instrumentos de vixilancia: detector de humos, termostatos e outros aparatos de medición, pesaxe ou reglaxe para o fogar, así como outros instrumentos de vixilancia e control usados en instalacións industriais, como nos paneis de control.
- Máquinas expendedoras: máquinas expendedoras de bebidas, produtos sólidos, cartos e tódolos aparatos para o abastecemento automático de todo tipo de produtos.
Recollida selectiva de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos
Os principais aspectos da recollida selectica que se deben coñecer son os seguintes:- Os usuarios poden entregar os seus antigos aparatos eléctricos ou electrónicos aos distribuidores de compra sen que supoña un coste adicional, cando adquiriran un equipo das mesmas características que o antigo. No caso contrario deberá levalo vostede mesmo ao Punto Limpo máis cercano. Tamén, o noso concello dispón dun servizo de Punto Limpo Móbil, do cal podemos obter toda a información desde esta ligazón. Desde esta ligazón tamén podemos consultar os Puntos Limpos da cidade. Para máis información visita a páxina de Ecourense.
- Os concellos deben xestionar a recollida selectiva que non competa ao distribuidor. Ademáis os concellos poderán almacenar os residuos dos aparatos que non procedan do fogar, previo acordo cos distribuidores.
- Os produtores deben establecer sistemas de xestión, individual ou colectivamente, para asegurar que tódolos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos son xestionados correctamente.
- Os produtores de aparatos eléctricos e electrónicos, desde os distribuidores ou desde as instalacións municipáis, a traves dos sistemas de xestión creados para tal fin, deberán recoller os residuos de aparatos eléctricos e electrónicos coa periodicidade necesaria e trasladalos ás instalacións de xestión autorizadas.
Tratamento dos aparatos eléctricos e electrónicos
As operacións de tratamento de residuos procedentes de aparátos eléctricos e electrónicos seguen a seguinte orde:- Os residuos de aparatos eléctricos e electrónicos transpórtanse a plantas de tratamento para os procesos de descontaminación, desmontaxe, reciclaxe e valorización.
- Reutilización/Reparación: sempre que sexa posible debe optarse pola reparación dos aparatos eléctricos e electrónicos. Cando non o sexa os equipos serán levados a unha planta de tratamento onde se localizan os materiais que poden reciclarse e emplearse para fabricar novos produtos.
- Reciclado: no proceso de reciclase, os aparatos eléctricos e electrónicos desmóntanse e descontamínanse as substancias peligrosas no caso de que as conteñan. O proceso implica a recuperación de materiais como plásticos, metáis ou vidro para o seu posterior reciclado. O proceso de reciclaxe realízase do seguinte modo:
- Desmontaxe e descontaminación.
- Trituración.
- Uso dos materiais reciclables.
- Valorización enerxética: trata de buscar outros usos enerxéticos ao materiais dos aparatos eléctricos e electrónicos
- Eliminación: implica a eliminación de aparatos ou dos seus compoñentes cando non poden reutilizarse, reciclarse ou usarse para a valorización enerxética. Este é o derradeiro paso a seguir no tratamento de reducción de residuos.
Fontes
No hay comentarios:
Publicar un comentario